Bachir vive nun campamento de refuxiados saharauis. Por causa dunha doenza pulmonar ten que permanecer inmóbil na súa tenda, desde onde escoita con atención os sons que chegan ata el. A través do oído tenga imaxinar o que acontece ao seu redor.

Unha noite coñece a Jamida, un vello sorprendente, mestura de sabio e de guerreiro, con quen fala da historia do seu pobo e dos nomes das estrelas.

Ese encontro vaille permitir albiscar un mundo alén dos límites opacos da súa jaima.


> Volver al libro…